viernes, 16 de marzo de 2018
Composición II
Nestes
catro documentos podemos observar varios trazos característicos do
movemento obreiro español dende os seus inicios ata a crise da
restauración. Vense por exemplo, algunhas das máis serias
esixencias dos traballadores: O desexo e petición dunha formación
profesional, o dereito a asociarse, a formar sindicatos mediante os
cales negociar cos patróns unhas condicións laborais mínimas que
mellorasen de algún xeito a súa deplorable situación… (Isto pode
verse no
Doc.
2 En setembro de 1855, El Eco de la Clase Obrera publicaba a seguinte
petición a Cortes: ).
Vemos
tamén as represalias por consecuencia da falta destes dereitos
(Doc.1
A destrución das máquinas. O exemplo da Fábrica de Tabacos da
Coruña recollido en El País. Diario de Pontevedra (13 de decembro
de 1857)
no
anarquismo das tabaqueiras [característico dos afiliados do CNT
(maioritariamente de Cataluña e Andalucía, máis radicais nesta
última), o cal era unha unión confederal de sindicatos autónomos
de ideoloxía anarcosindicalista, fundada o 1 de novembro de 1910 e
que estaba adherida á organización de carácter mundial Asociación
Internacional de los Trabajadores (AIT) (Doc.3
Neste artigo publicado en setembro de 1872 en La Defensa de la
Sociedad, advírtese do perigo que para a orde establecida spón a
Asociación Internacional de Traballadores (AIT))
ata
o momento no que foi expulsada pola mesma] ao destruír as novas
máquinas, coas que ao non saber usar e tardar máis en facelo
traballo, cobraban apenas a terceira parte do xornal que adoitaban.
Feito polo que tamén se laiaron pedindo unha formación máis
adecuada para os traballadores. (Doc.1
A destrución das máquinas. O exemplo da Fábrica de Tabacos da
Coruña recollido en El País. Diario de Pontevedra (13 de decembro
de 1857)
Nos
documentos faise alusión ao lado menos anarquista do movemento
(Doc.4
En marzo de 1917, este Manifesto conxunto da UGT e a CNT propón a
folga xeral, que sería definitivamente convocada en agosto: ),
encabezado principalmente polo PSOE, partido de corte marxista e
fundado en 1879 que non tivo moita difusión nos seus inicios co seu
primeiro deputado; Pablo Iglesias. Ata 1910, a súa acción sindical
foi canalizada a través da Unión General de Trabajadores (UGT) a
cal foi creada en 1888 no Congreso de Barcelona e estaba
estreitamente ligada ao partido. Algúns dos seus líderes máis
destacados foron,entre outros, Julián Besteiro e Francisco Largo
Caballero, aínda que a afiliación á UGT foi moi inferior á
anarquista…. ambos partidos conseguiron unirse “nunha loita común
ante a explotación erixida en sistema de goberno” (Doc.4
En marzo de 1917, este Manifesto conxunto da UGT e a CNT propón a
folga xeral, que sería definitivamente convocada en agosto: )
convocando
finalmente unha folga xeral en agosto sen prazo fixo de finalización
e coa mentalidade de que era a forma máis eficaz de loita contra a
burguesía e reivindicar os seus dereitos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
